Akira Kurosawa
O cine xaponés sempre se mantivo na sombra durante a primeira metade do siglo XX, ata que Akira Kurosawa realizou a súa obra Rashomon en 1950, alzándose co premio da Academia á mellor película de fala non inglesa, dando a coñecer o cine oriental ao resto do mundo. Posteriormente, realizou outras obras de grande renome coma Ikiru, Os sete samurais, Yojimbo, Dersu Uzala ou Ranl, filme que infuenciaron enormemente a cineastas como Steven Spielberg, George Lucas, Francis Ford Coppola ou Sidney Lumet.
![]() |
Akira Kurosawa |
François Truffaut
Crítico da revista francesa de cine Cahiers du Cinema, foi xunto con Jean-Luc Godard, Eric Rohmer ou Claude Chabrol entre outros, un dos iniciadores do movemento da Nouvelle Vague, destacando entre os seus filmes, dotados dunha sensibilidade encomiable, Os 400 golpes, Jules e Jim ou A noite americana, gañadora do premio da Academia a mellor película de fala non inglesa. Outra das principais razóns polas que é recoñecido, é a serie de entrevistas que mantivo co director inglés Alfred Hitchcock, recopiladas no libro O cine segundo Hitchcock, considerado un dos mellores escritos sobre a realización de cine ata a actualidade.
![]() |
François Truffaut |
Melvin Van Peebles
En 1971, Melvin Van Peebles dirixiu, produciu, escribiu, protagonizou e compuxo a música para a súa película Sweet Sweetback's Baadasssss Song, unha película de moi baixo presuposto que reivindicou aos afroamericanos dentro do cinema, sendo esta película unha das iniciadoras do xénero blaxploitation.
![]() |
Melvin Van Peebles |
John Lasseter
Influeciado enormemente polo cine de animación de Hayao Miyazaki e Isao Takahata do Studio Ghibli, John Lasseter deu un gran salto na animación ao realizar os seus filmes enteiramente por ordenador grazas a súa colaboración co informático Steve Jobs, xunto ao que fundou o estudo de animación Pixar. Destaca entre os seus traballos a película Toy Story, primeiro filme animado completamente por ordenador e que supuxo un gran cambio na industria.
![]() |
John Lasseter |
Roger Ebert
Dende un dos deus primeiros artículos sobre a película La Dolce Vita en 1961, nun un crítico transmitiu tanto amor polo cine como Roger Ebert. Xa fose no Chicago Sun Time, no Chicago Tribune, no seu programa de televisión, nos seus libros ou xa nos últimos anos no seu blog, nunca deixou de escribir sobre cine. A súa pasión á hora de escribir, levoulle a ser o primeiro crítico de cine en ser otorgado co premio Pullitzer.
![]() |
Roger Ebert |
Kathryn Bigelow
Autora de clásicos modernos como Point Break, Kathryn Bigelow é unha das máis respetadas directoras dun oficio no que a grande maioría son homes, xunto con outras directoras como Jane Campion, Amy Heckerling ou a máis recente Sofía Coppola entre outras moitas. Nembargantes, Bigelow foi a primeira gañadora do premio Oscar da academia de Hollywood pola súa película The Hurt Locker, abrindo a porta a moitas mulleres a que se senten detrás das cámaras como directoras de cine.
![]() |
Kathryn Bigelow |
George Lucas
Director, productor e guionista estadounidense. Estudou cinematografía na Universidade de California do Sur, onde se deu a coñecer polas súas curtametraxes, entre a que destaca “THX 1138 4EB: The Electronic Labyrinth”. É mundialmente coñecido por crear a saga de ciencia-ficción “Star Wars”, e todo o universo que a rodea (que inclúe cómics, libros, videoxogos...). Produciu e realizou múltiples proxectos para cine e televisión xunto con dúas figuras moi importantes no mundo cinematográfico: Francis Ford Coppola e Steven Spielberg. Durante os anos 90 reduciu considerablemente a súa produción cinematográfica, céntrandose en traballos televisivos. Retomou o seu traballo na gran pantalla a partir dos anos 2000.
![]() |
George Lucas |
Sidney Poitier
A importancia de Poitier no cine norteamericano non reside na súa habilidade interpretativa, senón no seu traballo á hora de romper cos estereotipos e co racismo imperante no Hollywood dos anos 50 e 60. Comezou traballando como actor no American Negro Theatre e deu o salto á industria cinematográfica coa película “No way out” do director Joseph Mankiewizc. Anos máis tarde convertiuse no primeiro actor afroamericano en ser nominado ao Óscar a mellor actor polo filme “The Defiant Ones”, e o primeiro en gañar o premio pola súa interpretación na película “Lilies of the field”. A súa película máis recoñecida é “Guess who's coming to dinner”, dirixida por Stanley Kramer. A partir dos anos 70 dálle unha volta á súa carreira comezando a dirixir e realizar as súas propias obras, deixando a un lado a súa faceta interpretativa.
![]() |
Sidney Poitier |
John Williams
Williams é, quizais, o compositor de bandas sonoras cinematográficas máis coñecido actualmente. De formación clásica, estudiou direción de orquestras na UCLA e na Los Angeles City College. Comezou traballando en clubs de jazz, e deu o salto ao cine nos anos 60. Traballa xunto con algúns dos compositores máis coñecidos da época como pianista e arreglista. É nos anos 70 cando recibe o seu primer Óscar pola adaptación do musical “Fiddler on the roof” e coñece a Steven Spielberg, para o que compoñerá a meirande parte das bandas sonoras dos seus filmes. Na actualidade conta con 5 premios da Academia. Ademais de obras para o cine, conta con máis de 50 composicións propias.
![]() |
John Williams |
Saul Bass
Deseñador gráfico que cambiou por compreto a utilidade e o sentido dos carteis de cine, nunha época na que o Hollywood clásico valoraba máis os nomes das súas estrelas que darlle ao público unha primeira impresión do argumento do filme. Extendeu esto aos títulos de crédito, engadíndolles importancia narrativa. Cun estilo moi definido e recoñecible: formas xeométricas, escasos elementos gráficos e animacións minimalistas. Traballou nun centenar de filmes, dende “West Side Story” ata “Casino”, pasando por “Psicosis” e “The Seven Year Itch (A tentación vive arriba)”.![]() |
Saul Bass |
Cartel do filme "Vertigo" de Alfred Hitchcock, a obra de deseño
mellor valorada de Saúl Bass.
Bibliografía (según APA)
Ebert, R. (2002) The Great Movies. New York: Broadway Books
Puigdomènech, J., Expósito, A. e Giménez Soria, C. (2010) Akira Kurosawa: La mirada del samurái. Madrid: Ediciones JC
Richie, D. Introductions en Kurosawa, A (1992) Seven Samurai and Other Screenplays. London: Faber and Faber Limited.
Great Movies. Recuperado de www.rogerebert.com
Belinchón, G (2013, 4 de abril) Muere el crítico de cine Roger Ebert. El País. Recuperado de: http://cultura.elpais.com/cultura/2013/04/04/actualidad/1365104622_292453.html
Puigdomènech, J. (2004)Ingmar Bergman: el último existencialista. Madrid: Ediciones JC
Orts, E., Genover, J. e Guarro, I. (1985) El cine. Diccionario Mundial de Directores del cine sonoro. Bilbao: Ediciones Mensajero.
Moya Lorente, F. (1993) Los grandes músicos del cine. Barcelona: Royal Books
Schneider, S. Y. (2003) 1001 Películas que hay que ver antes de morir. Barcelona: Grijalbo.
Swigt, M. (2013) Música de película. La guía imprescindible para los amantes del cine. Barcelona: Libros cúpula.
Schneider, S. J. (2007) 501 Estrellas de cine. Barcelona: Grijalbo
Schneider, S. J. (2007) 501 Directores de cine. Barcelona: Grijalbo
Cox, A. (1999) Kurosawa, the last emperor (Documental). Reino Unido: Channel Four Films e Exterminating Angel Production
No hay comentarios:
Publicar un comentario