martes, 28 de febrero de 2017

As 10 persoas máis influentes no ámbito dos videoxogos (dende mediados do século XX)

Shigeru Miyamoto

Nunha época na que os videoxogos estaban condenados ao fracaso tras a crise que sufriu a industria en 1983, a compañía xaponesa Nintendo, publicou en 1985 o que posiblemente sexa o videoxogo máis coñecido a nivel mundial: Super Mario Bros. Realizado por Shigeru Miyamoto, que xa dirixira en 1983 Donkey Kong, salvou a industria con este título que supuxo un cambio tamén no xénero das plataformas, no que todos se inspirarían dende ese momento. O mesmo Miyamoto innovaría tamén no xénero das aventuras con The Legend of Zelda en 1986.
Shigeru Miyamoto

Hideo Kojima

Considerado por moitos un director de cine frustrado, Hideo Kojima foi un dos primeiros en facer uso de técnicas cinematográficas á hora de contar unha historia a través dos videoxogos, especialmente coa súa saga máis coñecida,  Metal Gear Solid, que non só cambiou a maneira de realizar xogos, senón que afirmou que a industria tamén pode realizar productos adultos sen necesidade de recurrir á violencia.
Hideo Kojima

John Carmack

A comezos dos 90, nunha época na que Nintendo e Sega dominaban o mercado dos videoxogos, un mercado no que reinaban as consolas de sobremesa. Era impensable que isto cambiase, ata que John Carmack, programador informático, creou un novo motor gráfico para ordenador que superou calquer outro naquel momento. Grazas a esto, videoxogos como Wolfenstein 3D, Quake ou Doom supuxeron un salto na industria.
John Carmack

Jonathan Blow

Con so dous videoxogos producidos, Jonathan Blow xa é un dos autores máis respetados da industria grazas as súas obras de carácter moito máis persoal ao que a regla xeral nos ten acostumados. Isto débese ao feito de que a súa primeira obra, Braid, foi o primeiro videoxogo independente en acadar as 55.000 ventas na súa primeira semana, dándolle a volta á imaxe do sector independente que se mostraba nos medios do sector.
Jonathan Blow


Yoko Shimomura

Unha das compositoras musicais máis importante de Xapón e do mundo dos videoxogos en xeral, Yoko Shimomura  é unha das mulleres máis importantes da industria xunto co a tamén compositora Michiru Yamane (Castlevania: Symphony of the Night). Entre as súas composicións máis coñecidas destacan as que realizou para saga Kingdom Hearts, considerada por moitos a franquicia con mellores pezas musicais xunto coas clásica The Legend of Zelda  (Koji Kondo) e Final Fantasy (Nobuo Uematsu).
Yoko Shimomura


Don Bluth

Chegou á compañía Disney coma animador tras a morte de Walt Disney, nos anos 70, a pesar de que xa traballara para ela a finais dos 50 coma asistente de animación. Ao pouco tempo comezou a traballar coma director de animación de varios filmes coma “The Rescuers” e “Pete's Dragon”. A calidade de ámbalas dúas animacións era moi boa, pero a calidade dos filmes Disney da época era considerablemente inferior á dos anos de Walt Disney. Deixa o seu traballo na compañía de animación para fundar a súa propia, coa que buscaba facerlle competencia no terreo dos largometraxes de animación. O seu primeiro filme foi “The Secret of NIMH” visualmente marabilloso, a pesar de non ter moito éxito en taquilla. Creou os xogos “Space Ace” e “Dragon's Lair” xunto coa compañía Cinematronics, que introduciron no mundo dos videoxogos o concepto de “quick time event” ou película interactiva. Anos depois, da man de Fox Animated Studious, dirixiu a película animada “Anastasia”.
Don Bluth



Josef Kates

Considerado por algúns o creador do primeiro videoxogo. En 1950, o enxeñeiro canadense deseñou e constriu o xogo “Bertie the Brain”: unha máquina que se enfrentaba a un opoñente humano no clásico xogo do tres en raia (“tic-tac-toe”). Con varios niveis de dificultade, era literalmente imposible vencer á máquina no nivel máis difícil. Existen detractores que din que non pode ser considerado o primeiro videoxogo pola ausencia de gráficos, pois a máquina funcionaba encendendo bombillas.
Josef Kates

Allan Alcorn

Enxeñeiro informático americano coñecido pola súa importancia na creación do primeiro videoxogo comercial “Pong”. Traballou para compañías de videoxogos de informática como Atari Inc. e Apple, para os que colaborou na creación da Atari 2600 e do prototipo do Apple I.
Allan Alcorn

Alekséi Pázhitnov

Recoñecido coma o creador do afamado videoxogo “Tetris”, este enxeñeiro de orixen ruso afincado en Estados Unidos, sacou a idea dun xogo tradicional árabe (un pentomimo) que consiste en compretar un rectángulo con 12 pezas distintas sen deixar ocos no medio. Para poder adaptalo a un videoxogo adaptou o concepto reducindo a súa dificultade (menor número de cadrados e movementos limitados das figuras) e engadindo o factor tempo (contrarreloxo). Posteriormente creou a secuela, “Welltris”, que tivo boa acollida, pero os xogadores preferían o xogo orixinal. Co paso do tempo, Pázhitnov mudouse a Estados Unidos, onde comezou a traballar coa compañía Microsoft.
Alekséi Pázhitnov

Toru Iwatani


Deseñador e desarrollador de videoxogos da década dos 80, é coñecido por ser o creador de “Pac-Man”, un dos videoxogos máis vendidos e con maior influencia no mundo. Unha das razóns polas que o xogo perdurou ao longo do tempo é a súa sinxeleza, pois o obxectivo do xogo e evitar que che atrapen uns “fantasmas”. Iwatani recoñeceu que creou o videoxogo orientado cara a un público feminino, evitando incluir escenas de violencia na súa creación, e pensaba que non tería apenas éxito en Estados Unidos e Europa. Traballou na compañía de videoxogos Namco dende 1977 ata o 2007.
Toru Iwatani

Bibliografía (según APA)


Mott, T. (2011) 1001 Videojuegos a los que tienes que jugar antes de morir. Barcelona: Grijalbo.
Nintendo. (2010) Suplemento "Super Mario History 1985-2010". Recuperado de Super Mario All Stars. 25th Anniversary. (Wii)
The Legend of Zelda. Hyrule Historia. (2015) Barcelona: Norma editorial.
Hobby Consolas (2011) Suplemento especial "Mario. Un reto para verdaderos jugadores". Recuperado de Revista Hobby Consolas.
The Legend of Zelda 25th Anniversary (2011, octubre) Nintendo Acción 227, p. 24-39.
Suplemento Los mejores 20 juegos de la historia de Hobby Consolas (2011) Hobby consolas 241.


No hay comentarios:

Publicar un comentario