martes, 28 de febrero de 2017

As 10 persoas máis influentes no ámbito da fotografía (dende mediados do século XX)

VIRGINIA SCHAU

Foto tomada pola amateur Virginia Schau e publicada posteriormente por The Akron.
Foi a primeira muller e a segunda amateur en gañar un premio Pulitzer de fotografía. A súa fotografía de 1953, mostraba o dramático rescate a dous homes da cabina dun camión tras caer dunha ponte en Redding, California. Schau estaba nunha viaxe de pesca co seu marido cando tomou a súa fotografía.






ALBERTO KORDA


Alberto Díaz Gutiérrez, máis coñecido como Alberto Korda foi un publicitario e fotorreporteiro cubano.  (14 de septiembre de 1928 – 25 de mayo de 2001) É célebre pola famosa fotografía tomada a Ernesto Guevara mirando ao cortexo fúnebre dos caídos na sabotaxe do barco Le Coubre por parte da CIA, o 5 de marzo de 1960.
Está considerado o fotógrafo cubano máis coñecido internacionalmente.
che-guevara1.jpg
En 1960, cando Korda tiña 31 anos, tomou a imaxe do Che Guevara durante un acto de homenaxe ás vítimas dunha explosión.


DIANE ARBUS


A princesa rota: a chamada “cronista dos freaks” redefiniu as fronteiras do que se pode fotografar e desafiou os conceptos de beleza e anormalidade. En 1967 unha persoa escupía sobre unha fotografía de Diane Arbus no Museum of Modern Art (MoMA) de New York. A obra ofendida era A Young man in curlers at home on West 20th Street (1966).
diane-arbus-a-young-man-in-curlers-dressing-up-for-an-annual-dragball.jpg
Home xoven con rulos na súa casa na rúa "West 20th", NYC, 1966



NICK UT


Foi en 1972 que Nick Ut capturou unha fotografía que lle fai famoso e gañar a honra máis codiciada no fotoperiodismo, o Premio Pulitzer. A imaxe mostra a unha nena vietnamita desnuda e gritando cos seus brazos extendidos. A súa cara é un estudio en agonía. O seu corpo foi queimado con napalm, e ela fuxe dunha escea de caos no fondo.

NU.jpg
A histórica imaxe de Kim Phuc, o 8 de xuño de 1972.
Como non hai outra imaxe, esta fotografía dun inocente neno de 9 anos fuxindo dos horrores da batalla capturóu a complexidade e a menudo as consecuencias da guerra. A nena que berra queimada por napalm foi Phan Thi Kim Phuc do distrito de Trang Bang.









OUKA LEELE


Ouka Leele, cuxo nome real é Bárbara Allende Gil de Biedma, é artista, pintora, fotógrafa e poeta.
En 1976 publicóu as súas primeiras fotografías en branco e negro, que se recolleron no libro Principio (1976). Dous anos máis tarde comezóu a súa actividade expositiva nos 9emes Rencontres Internationales de la Photographie (1978), en Arles, Francia. En 1979 realizóu a serie artística Peluquería, na que fusionóu pintura e fotografía para crear o seu propio sistema de comunicación, aplicando acuarela a imaxes en branco e negro. Esta serie estrenouse ese mesmo ano na Galería Espectrum-Cannon, en Barcelona.
ouka-leele-1.jpg
El beso, 1980.



MIKE WELLS



Neno en Uganda collido da man dun misioneiro. O contraste entre as dúas personas serve como un recordatorio da diferenza de riqueza entre países desenvolvidos e en desenvolvemento. Mike Wells, o fotógrafo fixo esta foto para mostrar a magnitude da fame en África. Tomouna para unha revista, en abril de 1980, pero pasados 5 meses sen que a publicaran, decidiu entrar nun concurso. Porén, Wells declarou que non quería gañar cunha imaxe dun neno famento.

MIKE WELLS.jpg
Distrito de Karamoja, en Uganda, abril de 1980. Neno morre de fame e  un misioneiro toma a súa man.


STEVE MCCURRY



Coñecido mundialmente coma un dos mellores “creadores de imaxes” actuais, é especialmente famoso polas súas evocadoras fotografías en color. Soubo capturar a esencia da loita e a alegría humanas.
Steve-McCurry_Afghanisches-Mädchen_Peshawar_Pakistan_1984_©Steve-McCurry_Magnum-Photos.jpg
Fotografía dunha nena afgana en 1984, no campo de refuxiados de Nasir Bagh, na fronteira con Pakistán.

McCurry encontrou á nena afgana que fotografiou nun campo de refuxiados anos atrás, o que supuxo un importante hito na súa carreira.

NILUFER DEMIR


Nilüfer Demir é unha fotoperiodista de 29 anos que se dedicou a fotografiar a sorte dos inmigrantes sirios, para mostrar ao mundo que hai que cambiar.
nilufer-demir.jpg
Un policía observa o cadáver dun dos menores falecidos na costa turca, o 3 de setembro de 2015.

Desde 2003 cubre temas de migración e refuxiados. Encontrábase na península de Bodrum cuando se enfrentou á imaxe de Aylan Kurdi sen vida á beira do mar.
A súa fotografía deu volta ao mundo que se conmoveu coa imaxe do pequeno de tres anos que morreo despois dun naufraxio. "Só quería mostrar a dor que eu sentí ao ver a Aylan", dixo a fotógrafa quen expresou que ao ver ao pequeno helóuselle o sangue.



meryl-streep-1981-annie-leibovitz.jpg
Meryl Streep

ANNIE LEIBOVITZ


Considerada como a fotógrafa viva máis importante do momento e a mellor pagada, ao longo da súa carreira retratou a mitos como Mick Jagger, Michael Jackson ou Bob Dylan, cos que realizou algunhas das súas portadas para revistas emblemáticas, convenceu a Demi Moore para que pousara espida e embarazada de sete meses e meteu a Whoopi Goldberg nunha bañeira chea de leite, deixando ver só o seu rostro e as súas extremidades.





Cristina-Garcia-Rodero.jpg
Tradicional festa española, a Semana Santa.

CRISTINA GARCÍA RODERO


Fotógrafa. É coñecida por centrar a súa produción en fotografiar as tradicións e festas de toda España, o que lle valeu a fama internacional. Foi a primeira española que entrou a traballar na axencia fotoperiodística Magnum.








Bibliografía (según APA)

Alberto Korda. Recuperado de Opusvida Biografías Críticas: http://www.opusvida.com/alberto-corda/
Colorado Nates, O. (2014, 28 de setembro) Diane Arbus, la princesa rota. OscarEnFotos. Recuperado de: https://oscarenfotos.com/2014/09/28/diane-arbus-la-princesa-rota/
Ouka Leele. Recuperado de Círculo de Bellas Artes de Madrid: http://www.circulobellasartes.com/biografia/ouka-leele/
(2011, 11 de febreiro) África… Recuperado de Ad Astra Per Aspera: https://dianiko.wordpress.com/tag/mike-wells/
Steve McCurry. Recuperado de National Geographic: http://www.nationalgeographic.es/fotografia/fotografos/steve-mccurry
Villegas, N. (2015, 4 de setembro) La historia de Nilüfer Demir, la fotógrafa que conmovió al mundo. Clase. Recuperado de: http://www.clase.in/articulo/la-historia-de-nil%C3%BCfer-demir-la-fot%C3%B3grafa-que-conmovi%C3%B3-al-mundo
Annie Leibovitz. Recuperado de Busca Biografías: http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/9941/Annie%20Leibovitz
Cristina García Rodero. Recuperado de España es cultura: http://www.xn--espaaescultura-tnb.es/es/artistas_creadores/cristina_garcia_rodero.html
(2016, 20 de novembro) 20 fotos que cambiaron la historia. Recuperado de Infobae: http://www.infobae.com/america/fotos/2016/11/20/las-fotos-mas-influyentes-de-la-historia/
Mujeres fotógrafas. Recuperado de Wikipedia, la enciclopedia libre: https://es.wikipedia.org/wiki/Mujeres_fot%C3%B3grafas#Premios
(2010, 26 de marzo) Las 20 imágenes del siglo XX. Recuperado de Ciudad Futura: https://ciudad-futura.net/2010/03/16/20-img-siglo-xx/


No hay comentarios:

Publicar un comentario