Art Spiegelman
Nun mercado no que destacan principalmente as historias de superheroes na súa loita contra o mal, Art Spiegelman decidiu tomar outro camiño moito máis persoal coa súa novela gráfica Maus, que narra a supervivencia do seu pai xudeu durante a Segunda Guerra Mundial. Esta obra foi a iniciadora dunha vertente autobiográfica e independente dentro das novelas gráficas, que xunto ao desgarrador relato que conta, fixo merecedor ao autor do premio Pullitzer.
![]() |
Art Spiegelman |
Osamu Tezuka
Considerado por moitos a figura máis importante dentro do manga xaponés, Osamu Tezuka foi o primeiro que impulsou e estendeu a súa lectura por todo o país. Tal foi a importancia da súa obra que aínda hoxe en día, casi 30 anos despois da súa morte, moitos autores actuales utilizan un estilo semellante ao do autor de obras tan coñecidas como Metrópolis ou AstroBoy.
![]() |
Osamu Tezuka |
Alan Moore
Guionista de cómics e novelista británico. Moore cambiou o mundo dos cómics de superheroes introducindo personaxes conflictivas, con personalidades complexas e afastadas do estereotipo de heroe clásico. Comezo a colaborar con DC Comics en 1983, coa obra “A cousa do pantano (Swamp Thing)”, rematando a súa colaboración en 1989, despois de publicar “A broma asasina”, unha reelaboración da personaxe do Joker (pertencente ao cómic “Batman”) no que relata os seus inicios como criminais e os feitos que o marcaron e o convertiron no némesis de Batman. Creador de obras cume coma “V de Vendetta” e “Watchmen”, polas que recibiu unha gran cantidade de críticas positivas e premios, anunciou no 2016 (tras a publicación da súa última novela “Jerusalem”) que se retiraba no mundo do cómic.
![]() |
Alan Moore |
Emma Ríos
Influenciada dende pequena por moitos comics como Akira de Katsuhiro Otomo, Emma Ríos sempre sentiu pasión pola industria e polo debuxo. A pesar de publicar varias obras aquí en Galicia, tamén traballou para grandes empresas como Marvel, para quen realizou unha serie do persoanxe Dr Strange. Tamén traballou con outra autora, Kelly Sue DeConnick, na serie de comics Pretty Deadly.
Emma Ríos |
Quino
Nunca a través dunhas tiras cómicas se transmitiu tan ben a sitiuación social dun país como con Mafalda. Considerada por Umberto Eco unha obra imprescindible para entender Arxentina, Quino otorgou ao personaxe de Mafalda unha personalidade coa que todos nos sentimos identificados e que acabamos adorando, o que a leva a ser un dos personaxes máis recoñecidos do cómic a nivel mundial.
![]() |
Quino |
Stan Lee
Posiblemente a persoa máis recoñecida do mundo cómic, Stan Lee, traballador en Marvel dende os seus inicios, é creador xunto aos debuxantes Jack Kirby e Steve Ditko dos personaxes máis famosos no ámbito dos superheroes: Spiderman, 4 Fantásticos, Hulk, X-Men ou Iron Man entre outros moitos, sendo o seu aporte a industria un dos máis valiosos dende os seus inicios.
![]() |
Stan Lee |
Frank Miller
Cunhas historias dotadas dun estilo moi persoal, Frank Miller é unha das personalidades mais controvertidas deste medio. Con obras tan importantes como The Dark Knight Returns, Sin City ou 300, a aportación de este autor supón unha gran influencia xa non só no mundo do cómic, senón tamén cinematográfico (principalmente a través das adaptacións cinematográficas das obras xa mencionadas Sin City e 300).
![]() |
Frank Miller |
Francisco Ibáñez
Posiblemente o autor por excelencia dentro do territorio español, as historietas cómicas de Francisco Ibáñez seguen a ser un punto de referencia década tras década. Entre as súas obras máis importantes destacan Mortadelo y Filemón, 13 rue del Percebe ou Rompetechos.
![]() |
Francisco Ibáñez |
Marjane Satrapi
Autora iraní, retratou a guerra de Irán e Iraq e todo o que ela supuxo a través da súa obra autobiográfica Persépole, obra costumbrista de grande repercusión e recoñecemento a nivel mundial da que posteriormente a propia autora realizaría unha adaptación cinematográfica que sería premiada co premio do xurado do festival de Cannes. Entre as súas demáis obras atópanse Bordados ou Poulet aux prunes.
![]() |
Marjene Satrapi |
Katsuhiro Otomo
A pesar de ser coñecido principalmente pola súa obra Akira, tanto esta serie de mangas como a súa adaptación cinematográfica, dirixida polo propio Otomo, son uns dos maiores exponentes no ámbito do cómic coma no ámbito da animación respectivamente, sendo recoñecido por moitos autores de ambos medios como un referente na súa traxectoria.
![]() |
Katsuhiro Otomo |
Bibliografía (según APA)
Miller, F. (1984, 29 de febreiro) Una mirada a la propuesta original. En Miller, F., Janson, K. e Varley, L. (1986) Batman. El regreso del caballero oscuro. Barcelona: Planeta DeAgostini (2006)
Moore, A. (1983, octubre) V: Detrás de la sonrisa pintada (En Warrior, 17). Recuperado de Moore, A. e Lloyd,D. (1989) V de Vendetta. Barcelona: Planeta DeAgostini (2009)
Crónica Marvel: Una historia año por año (2009) Madrid: Pearson Educación
Sucasas, A. L. (2016, 26 de agosto) Tras las viñetas de… Emma Ríos. El País. Recuperado de: http://cultura.elpais.com/cultura/2016/08/26/ka_boom/1472196097_968002.html
Art Spiegelman. Recuperado de Steven Barclay Agency: http://barclayagency.com/site/speaker/art-spiegelman
Rojas. A. Osamu Tezuka, por qué es el dios del manga? Recuperado de Academia.edu: http://www.academia.edu/12210405/Osamu_Tezuka_Por_qu%C3%A9_es_el_dios_del_manga
Biografía Quino. Recuperado de Quino digital: http://www.quino.com.ar/biografia/
Francisco Ibáñez. Recuperado de Guía del cómic: http://www.guiadelcomic.es/i/francisco-ibanez.htm
Serrano, J. A. (2007) Persépolis, de Marjane Satrapi. Guía del cómic. Recuperado de: http://www.guiadelcomic.com/comics/persepolis.htm
Katsuhiro Otomo. Recuperado de Norma Editorial: http://www.normaeditorial.com/autor/281/1/otomo_katsuhiro/
No hay comentarios:
Publicar un comentario