domingo, 26 de marzo de 2017


GRUPO 7
O problema territorial en España entre a realidade e a impostura. Os antecedentes históricos de España multinacional construída na segunda metade do século XIX. A abordaxe do problema na II República e no Franquismo. A solución constitucional de 1978. O independentismo catalán no século XXI. O futuro de España entre a solución e a conllevancia orteguiana.

Ante esta temática tan variada cabe destacar principalmente que o problema territorial en España se subdivide en dous problemas: os nacionalismos vasco e catalán, e a descentralización.
Por outra parte, dicir tamén que a transformación urbana e territorial que se produce en España ao longo do século XIX ten a súa orixe na necesidade que leva aparellada o desenvolvemento capitalista de proceder a unha revisión profunda da base produtiva, tecnolóxica e organizativa da sociedade. O proceso de urbanización revélase como un fenómeno complexo e dependente de múltiples factores, entre os que está o crecemento da poboación, que repercute no proceso de dúas formas, aumentando o tamaño das cidades ou multiplicando o número das mesmas. España alcanzou un elevado grado de urbanización, que constitúe un sistema urbano en si mesmo, integrado a súa vez noutros de maiores dimensións, o europeo. Pero débese recoñecer que a existencia de núcleos urbanos non serviu para cambiar e transformar as poboacións e incluso as sociedades nas que estaban inmersas, dado que a maioría da poboación seguiu sendo rural, e a fonte primordial de riqueza e poder continuou manténdose na terra.
Antes de centrarnos nesta problemática, debemos abordar os antecedentes históricos da España de mediados do século XIX. Para isto debemos recalcar que neste século desapareceu a Inquisición, os dereitos señoriais e a antiga sociedade feudal o cal provocou a chegada dunha sociedade de clases composta por burgueses e obreiros, o que se coñece actualmente como Revolución Industrial.
Pois ben, podemos dicir que no período que transcurre entre a coroación de Alfonso XII (1874) e o comezo do reinado de Alfonso XIII (1902) é un período intenso da nosa historia xa que nel se debaten os intentos modernizadores coas resistencias conservadoras e prodúcense unha serie de acontecementos como a restauración dos borbóns no trono, a constitución de 1976, a creación dalgúns partidos liberais e conservadores e guerras coloniais (perda para España de Filipinas, Cuba e Puerto Rico). Por outra parte, saber tamén que España constituía un país cun forte atraso económico, político e social con respecto a outros países europeos como Inglaterra ou Francia. España era un país conservador onde o carlismo representaba as forzas máis tradicionais e reaccionarias que tiñan implantación nalgunhas rexións e nos sectores culturais.
A pesar do característico conservadurismo, pouco a pouco, a medida que avanza o século vanse tomando medidas e aplicando leis de carácter máis liberais, pero sempre con moitas trabas pola parte conservadora do país, como se pode ver no exemplo da Constitución de 1856, a constitución “non nata”, que non se chegou a  promulgar polo golpe contrarrevolucionario de Leopoldo O’Donnel, co cal remata o bienio progresista, a segunda etapa do reinado de Isabel II. Logo , no ano 1868 tivo lugar A Gloriosa, unha revolución trala cal Isabel quedou destronada e venceu á burguesía progresista, proclamándose así ao ano seguinte unha nova Constitución que ampliaba liberdades, de prensa, de culto, etc.
Anos despois, tras un pronunciamento de carácter popular, proclamouse a segunda República española (14 de abril de 1931) a cal, en canto á cuestión rexional tivo que enfrontarse ao goberno provisional que reclamou a república catalá, feita por Françes Marcià ese mesmo día.
Por outra banda, cabe dicir tamén que a II República viviu sometida a unha profunda inestabilidade social, circunstancia que se poñería de relevo tanto na reducida duración das súas dúas lexislaturas previas ao estalido da guerra, como, sobre todo, no gran número de gobernos que se sucederon entre 1931 e 1936. Pero dicir que o entendemento cabal da evolución desta II República española é imposible sen antes ter en conta que a confrontación esquerda-dereita estivo dun modo permanente entrecruzada por outra que resultaba claramente destrutiva  e, dende logo, para nada homologable no contexto das democracias europeas máis consolidadas. As consecuencias deste entrecruzamento entre ambas dialécticas non poden descoñecerse en ningún caso, xa que, mentras a primeira resulta indispensable para que exista a democracia, a segunda conduce pola man a un enfrentamento civil crecentemente irremediable.
Con isto pasamos a falar da Guerra Civil Española, que durou dende o 17 de xuño do 1936 ata 1 de abril de 1939, a cal enfrentou a dous bandos, ás dúas Españas, o bando republicano contra o bando sublevado, ganando este último e dando paso á dictadura de Francisco Franco, a cal durou aproximadamente 45 anos.
A longa duración deste réxime levou a cambios que estiveron montados con frecuencia polas diferentes situacións internacionais. Podendo así falar de que existeu unha sucesión de etapas de rasgos distintivos: os primeiros anos foi fascista, nos anos centrais, nacional-católica, e ditadura desarrollista nos últimos quince anos. Resumindo, o réxime franquista apoiábase en tres pilares: Franco e o exército para o control do país, o fascismo da falanxe como base ideolóxica e a igrexa que dictaba o modelo de conduta social e tiña o monopolio na educación
No 1975, coa morte de Francisco Franco, remata a ditadura franquista, comezando así unha nova etapa na política española, denominada transición, a cal culmina en 1978 coa Constitución dese ano. Esta será a primera na nosa historia que non expresará a vontade dunha maioría de partido ou de partidos senon o acordo a práctica totalidade das forzas políticas presentes no parlamento, é dicir, e para o caso, nas cortes constituíntes que se abriron en España tras as elección xerais de 1977.
Tamén regulou con detalle o sistema a través do cal os titulares do dereito á autonomía podían, no seu caso, activar os procesos de descentralización para converterse en comunidades autónomas con amaño á Constitución.
Con todo, estas solucións non foron suficientes para sosegar os nacionalismos, e a partires destes anos debuxáronse dúas políticas predominantes no ámbito político: os partidarios da solución e os da xa antiga conlevancia orteguiana.
A cuestión territorial vén sendo dende fai tempo un dos retos políticos máis importantes, que xeralmente se materializa nos aspectos dos presupostos e o sistema de financiación.

FONTES
BLANCO VALDÉS, R. L.  (2014). El laberinto territorial español. Alianza Editorial.
BLANCO VALDÉS, R. L.  (2014). Introducción a la Constitución de 1978. Alianza Editorial.
EGUIZÁBAL, RAÚL (2002). El contexto: España en la segunda mitad del siglo XIX. Recuperado de: http://exposicionesvirtuales.bne.es/interactivosBNE2010/int02_memorias/descargas/el_contexto_espana_en_la_segunda_mitad_del_siglo_xix.pdf
EDUARDO ESCARTÍN SÁNCHEZ. CATALUÑA, CONLLEVANCIA O CONVIVENCIA. Cuadernos de Pensamiento Político
No. 39 (Julio/Septiembre 2013), pp. 107-122
FUNETE, ÁNGEL DE LA (2005). Los mecanismo de cohesión territorial en España: un análisis y algunas propuestas. Fundación Alternativas.
WEBSABER (Última actualización: 20 de marzo de 2017). Historia de España: siglo XIX. Recuperado de: http://www.websaber.es/historia/espana/sigloxix/historiaespanasigloxix.htm


No hay comentarios:

Publicar un comentario