martes, 16 de mayo de 2017

Anuncio: Campaña de Comunicación ADOS

Grupo 1: Clara Amor, Manuel Barreiro, Andrés Caruncho, Jorge Díaz, Beatriz Fernández, Maite Martínez y Lucía Naya.

El trabajo completo puede encontrarse en: https://escritoresdeideas.wordpress.com/2017/05/16/anuncio-campana-de-comunicacion-ados/

Campaña transmedia para ADOS

Aquí queda o enlace ao traballo de clase do anuncio publicitario: https://moiturbio.wordpress.com/2017/05/15/1185/


Grupo:
  • Noa Expósito Campo
  • Agustín  Vazquez Fernandez
  • Mar Martínez Sarmentero
  • Alicia López Méndez
  • Ana Leiras Cordal
  • Antía Martínez López

martes, 2 de mayo de 2017

Traballo sobre "Regreso al futuro"

Guión de traballo
  • realización da ficha técnica da película
  • Título (idioma orixinal e tradución): Back to the Future (Regreso al futuro)
  • Dirección: Robert Zemeckis
  • País: Estados Unidos
  • Ano: 1985
  • Duración: 116 min.
  • Xénero: Ciencia ficción, comedia, aventuras.
  • Sinopse: Marty McFly é un adolescente amigo de Doc, un científico ao que todos toman por tolo, que por un erro fortuíto cunha máquina para viaxar no tempo feita por Doc chega a 1955, ano no que os seus futuros pais aínda non se coñecían. Despois de impedir o seu primeiro encontro, deberá conseguir que se coñezan e se casen; do contrario, a súa existencia non sería posible.
  • Interpretación: Michael J. Fox, Christopher Lloyd, Lea Thompson, Crispin Glover, Claudia Wells,Thomas F. WilsonJames TolkanBilly ZaneSachi Parker
    Guión: Bob Gale, Robert Zemeckis
  • Documentalista: -
  • Produción: Neil Canton, Bob Gale, Steven Spielberg, Kathleen Kennedy, Frank Marshall
  • Música: Alan Silvestri
  • Fotografía: Dean Cundey
  • Montaxe: Harry Keramidas, Arthur Schmidt
  • Dirección artística: Lawrence G. Paull, Todd Hallowell
  • Vestiario: Deborah Lynn Scott
  • Distribución: Universal Pictures
  • Palabras clave (6): back, future, Doc, Marty, DeLorean, McFly
  • URL (si se visualiza na web de forma gratuíta):  http://streamcloud.eu/b9bmv7os3uax/R3GR350-4L-FUTUR0-DVD-RIP-CAST.flv.html


  • que conta? argumento, trama ou tramas na película
A historia comeza con Marty McFly, un adolescente de 17 anos que vive en Hill Valley con seus pais, seu irmán e súa irmá. Este vai a casa de Doc, un científico coñecido como Dr. Emmett L. Brown, facerlle unha visita pero non se atopa na casa. Marty entra igual e pouco despois comeza a soar o teléfono, era Doc que o chamaba para quedar con el en Twin Pines á 1:15 a.m. xa que necesitaba axuda co descubrimento que acababa de facer. Cando finaliza a chamada, Marty diríxese ao instituto, xa é o cuarto día consecutivo que chega tarde, encóntrase coa súa parella, Jennifer Parker, quen o informa sobre o enfado do director, o señor Strickland. Camiñando polos corredores, atópanse co señor Strickland, que castiga a ambos por chegar tarde ademais de aconsellar a Marty que deixe de verse con Doc, porque é un tolo e se sigue vendoo acabará tendo problemas.
Logo McFly vai coa súa banda de música, The Pinheads, a un casting para tocar durante o baile da escola, pero son rexeitados debido ao exceso de volume. Marty marcha coa súa noiva, séntanse nun banco e cando lle ía dar un bico, aparece unha señora e comeza a explicarlles a campaña que están levando a cabo para a reparación do reloxo da torre que teñen tras súa, Marty dálle unha moeda e colle o folleto que lle dá,  a señora marcha, e logo, cando lle ía dar outro bico,  aparece o pai de Jennifer.  Esta, antes de marchar, apuntoulle o número da casa de seus avós para que a chamara á noite.
Cando Marty chega á casa ve que o coche estaba desfeito, seu pai deixarallo a Biff, quen tivo un accidente con el. Ademais, cando entrou na casa veu como este, unha vez máis, estaba abusando de seu pai. Logo, Biff marcha e Marty desespérase porque necesitaba o coche para o día seguinte. Seguidamente, a familia predisponse a cear, e cando a nai de Marty tira un pastel á mesa dilles que o terán que comer soos xa que lle negaron a liberdade condicional ao seu irmán, o tío de Marty chamado Joey. Durante a cea e logo de que marchara o irmán de Marty, David McFly, súa irmá, Linda McFly dille que Jennifer o chamara dúas veces, desencadeándose desta maneira unha conversa onde Lorraine, a nai, lles di que unha muller que busca ao home busca complicacións e por iso a ela non lle gusta Jennifer. Logo desa conversa, comeza a contarlles como coñeceu a George McFly, mentres Linda se queixa de que xa sabían a historia porque a contará máis veces.
Despois de cear, Marty quedouse durmido, pero grazas a unha chamada de Doc para avisalo de que lle recollera a videocámara espertou, podendo acudir así a cita que tiña con el. Cando chegou, veu primeiro a Einstein e logo apareceu Doc, que lle pide que grave o seu novo invento, unha máquina do tempo construída sobre a modificación dun coche DeLorean, que debe alcanzar os 140 km/h para viaxar a través do tempo.
Logo, para comprobar que o invento funcionaba, Doc usou o seu can Einstein e cando veu a súa eficacia daba saltos de alegría. Seguidamente, procedeu ensinarlle a Marty como funcionaba e ensinoulle tamén o elemento primordial que facía que foran posibles os viaxes no tempo, o condensador de fluzo. Este condensador para funcionar precisaba plutonio, entón Marty deuse conta que Doc había roubado o plutonio, xa que era un produto nuclear que non se comercializaba e Doc cóntalle que llo roubou a un grupo de nacionalistas libios.
Despois de repostar a máquina co plutonio e de meter o seu equipaxe no coche para viaxar 25 anos ao futuro, cando estaba a piques de partir, de súpeto aparece unha furgoneta de libios disparándolle e acaban matándoo mentres que Marty ve todo.  Para escapar dos libios, Marty súbese ao DeLorean, xa que estes querían matalo a el tamén. Como consecuencia do moito que acelerou para fuxir, alcanzou a velocidade de  140 km/h e viaxou 30 anos atrás no tempo, acabando así no ano 1955.
Marty estrelouse contra un establo e a familia que vivía na casa foi ver que pasaba ao escoitar semellante estrondo, cando o viron creron que era un alieníxena e o dono comezou a dispararlle, pero Marty logrou escapar.
Posteriormente escondeu o coche e foi a cidade, atopábase en Hill Valley, estaba confuso, todo era diferente á época da que el proviña, entón colle un xornal que alguén tirou ao lixo e ve que data do día 5 de novembro de 1955, non da crédito ao que lle está a ocorrer e diríxese a un bar en busca dun teléfono para poder chamar a Doc, estaba vivo, e agora ten que buscalo para que lle diga como poder volver a súa época.
Antes de saír do bar sentase a tomar algo e atopase con seu pai de xoven, entra Biff no bar e Marty observa como este abusa del xa naqueles tempos. George McFly, pouco despois de que Biff marchara tamén abandoou o bar e Marty seguiuno ata unha árbore na que viu que se subiu para espiar a que era súa nai tamén de xoven, Lorraine, este caeu e a piques de ser atropelado polo pai de Lorraine, Marty salvouno sendo el o atropelado. Este feito provocou unha alteración nas vidas de George e Lorraine, xa que a consecuencia de ser Marty o atropelado, Lorraine namorouse del, do seu propio fillo, en realidade.
Lorraine axudou a Marty, levouno a súa casa e convidárono a cear con eles, pero as intencións de Lorraine ían máis alá e cando o intentou seducir, el levantouse rapidamente e marchou buscar a Doc.
Marty chegou a casa de Doc e este non o cría, entón Marty comezou a contarlle como se fixera ese chichón que tiña na cabeza e como se lle ocurrira a idea do condensador de fluzo. Así foi como Doc o rematou crendo e logo Marty levouno ao lugar onde deixara gardado o DeLorean, ensinoulle o condesador de fluzo que lle puxera e Doc alegrouse moito de inventar, por fin, algo que funcionaba.
Doc, ao fin, decidiu axudarlle, levaron o DeLorean ao seu laboratorio e Doc mirou o vídeo que Marty lle fixera, sorprendéndose ao saber que precisaba unha reacción nuclear para xerar  1,21 gigavatios para que o viaxe no tempo fose posible, e nesa época non existía nada que xerara tanta enerxía, a menos que sexa un raio. Seguidamente, Marty ensínalle un folleto da torre do reloxo e nel di que un raio caería o sábado, xusto a próxima semana, entón Doc pensou que si podían canalizar o raio directamente ao condensador de fluzo podería funcionar e Marty podería regresar ao futuro.
Durante esa semana que Marty tería que pasar en 1955, Doc dille que non pode saír da casa nin falar con ninguén  porque calquera cousa que fixera podería traer alteracións no futuro, entón Marty cóntalle que xa veu a seus pais e Doc asustado pídelle unha fotografía na que saían os tres irmáns para comprobar si tivera repercusión.
Na fotografía puido ver que si houbera repercusión, xa que ao irmán de Marty faltáballe a cabeza, ao que Doc di que está borrada da existencia. Polo que, o luns van ao instituto para intentar que Lorraine se fixase en George e se namorase del, pero non tiveron resultado, a Lorraine gustáballe o propio Marty. Doc dille que ten que haber algunha forma para que seus pais se namoren e entón Marty pensa no baile de “El encantamento bajo el mar”, que foi onde se deran o primeiro bico. A partir dese momento, Marty comeza a intentar que George se anime a convidar a Lorraine a saír, pero este non se atrevía polo medo a ser rexeitado. Ao final, sabendo o moito que a seu pai lle gustaba a ciencia ficción, Marty decide disfrazarse co traxe antirradiactivo co que chegou a ese ano para parecer así un extraterrestre e ir a súa casa para ameazalo mentres durmía.
A maña seguinte, George corre atemorizado contarlle a Marty que tiña que saír con Lorraine e decide convidala a saír, pero nese momento aparece Biff, interrómpeo e diríxese cara el, entón, Marty mete o pe e tírao, comezando así a enfrontarse con el, pero Marty logra escapar.  A pesar de ser perseguido por toda a cidade por Biff e os seus amigos. Ao final da persecución, Biff acaba estrelándose contra un camión cheo de esterco. Isto fai que Lorraine se namore máis de Marty, polo que agora ten que buscar un modo de facer que súa nai se desenamore del e se fixe en George.
Marty acude de novo a xunto de Doc,  descóbreo revisando o vídeo de novo e logo explícalle como farán para conectar o reloxo da torre co coche para que así o raio alcance o condensador de fluzo. Cando remata coa explicación tocan á porta, é Lorraine que seguira a Marty ata alí e quería que a convidara ao baile do sábado.
Despois diso, Marty estaba facendo un plan con George para que ao final, Lorraine fora ao baile con el e se bicaran por primeira vez.
Horas antes de partir de novo para a súa época e tamén momentos antes do baile, Marty escríbelle unha carta a Doc onde lle conta que será matado e que debe tomar as medidas axeitadas para evitar que isto suceda, recorre a carta debido a que Doc prohíbelle absolutamente contarlle algo do futuro xa que podería traer alteracións, e métella no bolsillo da súa chaqueta.
Na noite do baile, Marty leva a Lorraine no coche de Doc, para un momento o coche e ela comeza a beber e fumar e logo tamén a insinuarse e acaba bicándoo, cando o bicou notou algo raro, sentíase como si acabara de bicar a seu irmán. Acto seguido apareceu Biff e sacou a Marty do coche, víñalle pegar unha paliza polos danos que causara no seu coche, entón Lorraine asomouse pola porta do condutor e ordeoulle  que se marchara, entón Biff entrou no coche e comezou a forzala mentres os seus amigos lle daban unha paliza a Marty e o metían no maletero dun coche que casualmente era dos músicos que actuaban no baile.
Ao mesmo tempo que iso sucedía, George chegaba correndo ao lugar do coche onde Biff estaba forzando a Lorraine. George encheuse de valor e ordeoulle a Biff saír do coche, este saíu e torceulle o brazo, entón Lorraine baixou axudarlle a George, cando este lle pega a Biff e o tira ao chan. Acto seguido, George e Lorraine diríxense xuntos ao baile, entón Marty corre de novo a xunto dos músicos que o sacaran do maletero do seu coche para que sigan tocando e surxa, así, o bico entre Lorraine e George. Debido a que un dos músicos estaba ferido nunha man, ofreceuse el a tocar a guitarra,  logrando así que volveran a tocar. Pero, como consecuencia do que estaban tardando en darse o bico, Marty comezou a sentirse mal e observou a foto na que saía con seus irmáns, nesa imaxe xa quedaba el só e estaba comezando a borrarse, polo que se non se bicaban canto antes, Marty desaparecería. De súpeto, George e Lorraine por fin se bicaron e Marty volvía a estar ben, incluso se animou tanto que un dos compañeiros da banda lle pediu que tocara unha canción con marcha e, sen darse conta de que naquela época aínda non era coñecido o rock and roll, tocou unha canción que ninguén entendía que estaba tocando. Cando finalizou e observou á xente deuse conta da súa metedura de pata,  foise despedir de seus pais e marchou para reunirse con Doc, que chegaba tarde e era hora de levar a cabo o plan para volver a época da que viña.
Cando estaba a piques de partir, Doc veu a carta que Marty lle deixara no seu bolsillo e rómpea, ademais, nese mesmo intre cae unha árbore e ocasiona accidentes no cableado que ían utilizar, entón Doc sube a torre para arranxalos e Marty, preocupado por non poder alertalo da súa morte decide configurar a máquina do tempo para chegar uns  10 minutos antes do momento no que partira para o ano no que se atopaba agora. Seguindo con problemas no cableado que tiñan que empregar para viaxar no tempo, xa que algúns se soltaran,  no último momento Doc foi capaz de conectalos todos de novo, Marty comezou a acelerar para alcanzar a velocidade e así se produxo o viaxe no tempo.
Marty regresa 10 minutos antes da súa partida orixinal e nada máis chegar o DeLorean apagase, logo ve pasar aos libios e como o coche non arrinca comeza a correr pero cando chega ao lugar dos feitos xa é tarde, estaban xa disparando a Doc, repetíndose toda a secuencia na que el tamén escapa dos libios. Cando estes marchan, Marty corre a xunto de Doc,  cría que estaba morto, pero este abriu os ollos e ensinoulle o chaleco antibalas que levaba posto e tamén a carta que el lle escribira no pasado para que tomara as medidas axeitadas e evitara a súa morte. Logo Doc acercouno a casa e marchou ao futuro, 30 anos despois.
Ao día seguinte, cando soa o espertador, Marty dáse conta de que todo é diferente, seus pais víanse máis novos, a casa era máis luxosa e cando seu pai abre a porta para mostrarlle o coche ve a Biff encerándoo e quedase asombrado, acto seguido Biff entra na casa entregarlle a seu pai un paquete que acababa de chegar, era unha novela que escribira. Logo, Marty diríxese ao garaxe e ve o coche que tanto desexara, seguidamente tamén chega a súa noiva Jennifer e cando lle está dando un bico, de súpeto, aparece Doc no DeLorean e dilles que deben regresar con el ao futuro xa que se trata dos seus fillos, marchan con el e a película finaliza.
  • como se conta? estrutura, estilo, técnicas, planos, etcétera
Estrutura lineal a pesar dos saltos temporais. Estilo cómico. Travellings para enfatizar momentos de tensión ou descubrimento. Montaxe rápida para os momentos de tensión. Planos de todo tipo entre os que destacan os planos xerais para ver a chegada a novos escenarios e os primeiros planos e planos detalle para enfatizar os momentos importantes.  
  • quen fala? identificación do papel de cada personaxe. Características
Marty McFly: É un personaxe entusiasta, optimista e planificador, sempre na busca de novas emocións e aventuras, afastándose do aburrimento e sempre coma un espíritu libre e xusticeiro.
Doc Brown: É un científico e inventor amigo de Marty, obsesionado e perfeccionista con todos los inventos que fai, aos que lles dedica unha gran cantidade de tempo e diñeiro. Sorpréndese con facilidade e de forma esaxerada.
George McFly: Pai de Marty. Personaxe tímido que se afasta dos conflictos e que antepón a paz as súas opinións. Ten un grande medo ao fracaso.
Lorraine McFly: Nai de Marty. Amable, coida a Marty despois de que o seu pai o atropele e remata por namorarse del. Considerada e xenerosa. Rexeita a brutalidade.
Biff Tannen: Enimigo da familia McFly. Xefe, poderoso, dominante, luxurioso. Busca o control da situación a través da violencia. É especialmente agresivo cando intenta conseguir o que ansía, neste caso a Lorraine. Sempre vai co seu grupo de secuaces.
  • onde e cando se desenvolve? identificación de escenarios, paisaxes, etcétera.


  • A película gravouse no estado de California dos EEUU: Pasadena, Burbank, a cidade dos Ángeles e en Universal Studios de Hollywood. Os decorados desta última ubicación non se conservan debido ao incendio que houbo nos estudios en 2008.
A primeira escena lévase a cabo no garaxe de Doc, onde Marty trata de tocar a guitarra. Momentos despois sae hacia o instituto. A rúa que se ve é real. Á esquerda hai un Burguer King, que existe na realidade. O que é falso é o garaxe. A dirección é 535 N. Victory Blvd., en Burbank. Cando vemos o camión que o remolca, diríxese cara o norte da calle Victory Blvd. É unha das poucas calles reais.


  • Durante a escena do skate, a película cambia bruscamente a unha calle falsa de 'Hill Valley', que é realmente unha parte dun estudo de cine cercano. Esa parte está agora apodada “Courthall square” (Praza das Cortes). Decoraron a cidade como se estivera sucia e deteriorada para o ano 1985, e puxeron unha versión máis xove para o 1955. Courthouse Square era unha das grandes calles permanentes nos Estudos Universal de Hollywood. Esta localización vai cobrar moita importancia ao longo da película. É o único espazo que non existe na realidade. O decorado dos estudios de Hollywood perdeuse co incendio de 2008.


  • Chega ao instituto de Hill Valley. Este edificio na realidade é un instituto, tamén na localidade de Whittier en Philadelphia, California. Neste edificio rodáronse os exteriores do instituto e os interiores para as escenas de cafetería e os pasillos, en 1985 e 1955.
A súa dirección real é 12417 E. Philadelphia St., en Whittier, CA .
Máis adiante na película, o pai de Marty e Marty aparecen no aparcamento da escola.


  • A audición que realiza Marty con seus compañeiros para a Batalla das bandas, rodouse  cerca do Burger King, en McCambridge Recreation Center en McCambridge Park, 1515 Glenoaks Blvd, en Burbank.


  • Vemos entón a Marty volvendo á súa casa en skate. Aparecen as portas de Lyon States. No mundo real, a calle da casa de Marty  é un camiño entre Whittier e Burbank. É Roslyndale Avenue, unha calle de clase obreira no área de Pacoima / Arleta do Valle de San Fernando.
Aínda que a casa de Marty está en Roslyndale Avenue, a toma aérea da calle
onde está o skate foi grabada tres calles ao oeste de Roselyndale, en Sandusky Avenue, dende a esquina da calle Sandusky e Kagel Canyon .


  • A casa de Marty (en 1985) está situada en 9303 Roslyndale Avenue, en Arleta, CA.


  • Marty recibe unha chamada telefónica de Doc pedíndolle que vaia ó Centro Comercial Twin Pines. Este é un verdadeiro centro comercial. Aínda que o cartel é falso. En realidade, é o Puente Hills Mall. As escenas graváronse no lado sur do aparcamento. A dirección exacta é 1600 Azusa Ave. , City of Industry , CA . Xusto ó lado da autopista Pomona (60), en Azuza Ave. salida.


  • Ao volver ao pasado, Marty cae enriba dun vello curral localizado actualmente tras as portas do Golden Oak Ranch de Disney. En 19802 Placerita Canyon Road, Newhall, CA.


  • Marty ve as portas de Lyon States en 1955. Detrás delas só hay unha gran explanada, mentres que en 1985 está a urbanización onde vive a súa familia. A escena rodouse na cidade de Chino, CA (que está ao sur de Pomona). O terreo encóntrase ao sur do aeropuerto de Chino e ao norte dunha cárcere de mulleres, cerca de de Bickmore Ave. e Cucamonga Ave., Chino, CA .


Ambas na mesma calle.


  • A casa de Doc en 1955  é (na vida real) un lugar moi coñecido en Pasadena: The Gamble House , unha casa de 1908 diseñada polo famoso arquitecto  Greene & Greene. Está situada n bloque 300 de N. Orange Grove Boulevard.




  • que recursos se usan? detección de trucos e efectos especiais
Kevin Pike foi o encargado de supervisar os efectos especiais do filme “Back to the future”.  A súa destacada labor queda evidenciada na escena inicial da película: una panorámica no interior da habitación de Doc, chea de reloxos coordinados, e de varios inventos do científico. Segundo palabras do propio Pike, o máis complexo non resultou ser sincronizar tódolos reloxos, senón recrear todos os aparellos que alí aparecían e simular que funcionaban realmente. Foron necesarios 20 operadores con pastillas de fume para facelo aparecer no momento exacto. E, inlusive, a máquina de comida para cans creouse na realidade, e era totalmente operativa.
O deseño da máquina do tempo foi obra de Andrew Probert, e a construcción do vehículo do mesmo Kevin Pike. O primeiro modelo era controlado por control remoto, feito de fibra de vidrio, e simulouse o voo suxeitándoo con cordas provintes dunha grúa. Moitas das tomas do vehículo rodáronse empregando una maqueta a escala do mesmo, construido pola empresa Industrial Light & Magic, que tamén se encargou de crear as 32 tomas da película que conteñen efectos especiais.
Para a escena da torre do reloxo durante a tormenta eléctrica, o efecto do vento creouse empregando un “McBride”, algo semellante a un motor de avión sostido por una plataforma, a 15 metros de distancia da zona onde se atopaban os actores. Debido ao ruido provocado polo aparello, os diálogos desta escena tiveron que ser doblados posteriormente.
Coma curiosidade, o filme conta cun Premio da Academia Cinematográfica de Hollywood, comunmente coñecido coma premio Oscar, á mellor edición de sonido. Estivo nominada tamén a mellor sonido.


  • resumo de traballos/artigos/críticas que existen sobre a película
Regreso al Futuro é sin dúbida un dos clásicos de culto do cine. Unha gran aposta da productora Universal xunto a Steven Spielberg dirixida por Robert Zemeckis; un proxecto que lles chegou de rebote logo de ser presentado a Columbia e Disney, as dúas cales rechazaron o proxecto.

A película logo do seu estreno estivo rodeada de grandes críticas, prácticamente todas positivas... todas alababan o enxeñoso da historia e os persoaxes, o entretida que era; que pese a ser ciencia ficción non se pasaba de ficticia mais tampouco resultaba demasiado creíble. Regreso al Futuro ten o pusto xusto de todo: de comedia, drama, acción e aventuras.

Ao convertirse nunha película de culto as reviews foron constantes ao longo do tempo e mesmo hoxe en día seguen saíndo novas críticas.

2015 foi un gran ano para a saga e a película.
En Regreso al Futuro II, os dous protagonistas (Doct e Marty) viaxan ao 21 de outubro de 2015 para impedir que o fillo de Marty acabe no cárcere; ademais no 2015 cumpríanse 30 anos do estreno da primeira película.
Para celebralo realizouse un documental titulado Back In Time que chegou a recaudar máis de 50.000$ na plataforma Kickstarter (adicada ao crowdfunding). Ademais, a saga volveuse a proxectar en cines de todo o mundo para celebrar a chegada de Marty e Doc ao noso ano: por primeira vez, e a partir de agora, Regreso al Futuro ocurrirá completamente no pasado. A maiores os actores reuníronse no programa de Jimmy Kimmel o dito día para realizar un sketch cómico sobre as diferenzas do 2015 que plantearon na película ao que é de verdade.
  • crítica da película valorando o conxunto de elementos, así como os aspectos contextual, actualidade, pertinencia, tratamento de aspectos relevantes.
Todos os elementos da película coordínanse sen problema, dando lugar a unha obra que envelleceu perfectamente e mantense fresca aínda hoxe en día 32 anos despois. Ao longo destes anos Regreso al futuro fíxose cada vez máis unha película de culto sendo un referente consante na cultura popular, recoñecendo facilmente elementos identificativos da mesma como o DeLorean ou o chaleco vermello do protagonista. Tamén se fixeron diversas parodias en series de televisión como Rick y Morty.
  • Guión do tráiler: Imaxes sacadas da película acompañadas cunha música extraída do tráiler de Alien. Grazas á música darémonos conta do cambio de temática a un ton máis terrorífico.




BIBLIOGRAFÍA (Según APA)
Benítez, S. (2013, 22 de agosto). Robert Zemeckis: 'Regreso al Futuro', irrepetible [Blog entrada]. Recuperada del sitio Blogdecine: https://www.blogdecine.com/criticas/robert-zemeckis-regreso-al-futuro-irrepetible

Benning, J. – Filmumentaries. (Produtor). (2014) BTTF - The Opening Scene - Kevin Pike Interview - Part 1 [Documental]. Recuperado de https://vimeo.com/106457158

Díaz Betz, C. (2015, 17 de marzo). Back in Time, el documental de Regreso al futuro. Good2b. Recuperado de http://www.good2b.es/back-in-time/

González, J. (2015, 21 de outubro). Marty McFly, bienvenido a 2015. LibertadDigital. Recuperado de http://www.libertaddigital.com/cultura/cine/2015-10-21/marty-mcfly-bienvenido-a-2015-1276559608/

Jiménez, E. (2015, 12 de marzo). Regreso al Futuro celebrará su 30 aniversario con un documental [Blog entrada]. Recuperada del sitio Watvi: https://watvi.es/regreso-al-futuro-celebrara-su-30-aniversario-con-un-documental-no-84039/

Jimmy Kimmel Live. (2015, 22 de outubro). Marty McFly & Doc Brown Visit Jimmy Kimmel Live. [Youtube]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=Q0VGRlEJewA.
Pérez, A. (2015, 21 de outubro). Las localizaciones de ‘Regreso al futuro’: el antes y el ahora.Periodismo del motor. Recuperado de http://periodismodelmotor.com/localizaciones-regreso-al-futuro/107881/

Wayne, G.(sen data). Back to the future. Filming locations. Seeing-stars. Recuperado de http://www.seeing-stars.com/Locations/BTTF.shtml